O DOG publicou onte a orde de Medio Rural que regula a pesca nas augas continentais para a tempada de 2010


Na norma establécense as épocas hábiles, tamaños mínimos,
cotas de captura, tipos de engado e modalidades de pesca permitidas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2010. Esta norma entrará en vigor hoxe, día seguinte da súa publicación, e manterase vixente ata a publicación da correspondente á tempada do ano 2011.

Nesta orde especifícanse as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas (de peixes) e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia. Así, establécense as épocas hábiles, tamaños mínimos das especies, cotas de captura, tipos de engado que se empregarán en cada caso e modalidades de pesca permitidas. As especies ás que se fai referencia son: salmón, reo, troita, perca negra, saboga, anguía e lamprea, así como as especies de esteiro (robaliza, muxo, solla, etc.), para as que se fixa un réxime especial.

Na orde publicada hoxe menciónanse tamén as especies vedadas en tódalas masas de auga (cangrexo de río, reñosa, espiñento e sábalo). Engádese que está vedada a anguía no río Eo.

Sobre as xornadas hábiles para a práctica da pesca, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles, agás festivos nacionais ou autonómicos. Nos coutos de pesca e nos tramos do río Navia compartidos con Asturias serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos. Tamén se establece que nas zonas de desembocadura e nos encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos (carpas) e perca negra durante todo o ano serán hábiles tódolos días da semana para a captura de especies distintas dos salmónidos.

Modalidades de pesca

Canto ás modalidades de pesca, como regra xeral e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, a lamprea e o cangrexo vermello americano. Só se permite o emprego dunha cana por persoa, a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.

No que atinxe á pesca sen morte, autorízase unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural. Ademais, especifícase que tódalas capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.

Fuente: http://mediorural.xunta.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tablas de precios orientativos de la madera

Documentacion y Legislación