O Comité Policial Antiincendios traballou na determinación das parroquias con alto risco de lumes forestais

Neste órgano participan representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e dos corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia


O Comité Policial Antiincendios, composto por representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e dos corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia, mantivo esta tarde en Santiago unha xuntanza de traballo coordinada polo director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, coa asistencia do director xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Villanueva Álvarez.

O obxectivo do encontro foi traballar na determinación das parroquias con alto risco de incendios, analizando os datos dos últimos 10 anos, para seren incluídas nas Zonas de Alto Risco do Plan de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) 2010.

Segundo a Lei de Incendios, as Zonas de Alto Risco –que serán aprobadas por orde de Medio Rural– considéranse prioritarias na aplicación de medidas máis rigorosas de defensa contra os lumes forestais, pola especial frecuencia ou virulencia dos mesmos.

Loita contra os lumes

Por outra banda, o Comité Policial Antiincendios abordou tamén os resultados acadados no que vai de ano na loita contra os lumes forestais, así coma o dispositivo posto en funcionamento para este fin pola Consellería do Medio Rural.

Fonte: http://mediorural.xunta.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tablas de precios orientativos de la madera

Documentacion y Legislación