Os comuneiros reprochan ao Concello de Vigo que non invista nos montes co plan E


A mancomunidade presenta alegacións ao orzamento municipal por marxinar os parques forestais

A mancomunidade de montes de Vigo cualifica de incomprensible o feito de que o Concello a través do segundo plan E non destine ningún investimento aos montes de Vigo, máxime cando ten como fin a realización de proxectos tecnolóxicos e ambientais. Entende que os montes son os grandes esquecidos do orzamento municipal deste ano, por iso é polo que decida presentar alegacións. Cre que son insuficientes para que o Concello cumpra coas obrigacións de mantemento dos parques forestais e que non permiten cumprir as promesas lanzadas pola alcaldía en varias ocasións ao longo do 2009. O presidente da entidade, Uxío González, advirte que entre os propietarios dos montes veciñais de Vigo crece o malestar porque cada unha desas promesas acabaron no esquecemento e recorda que, a pesar de contar o Concello co maior orzamento da súa historia, o investimento nos montes veciñais en man común foi a mesma de sempre, é dicir, nada.

Segundo González, dá a impresión de que non se quere recoñecer o papel fundamental dos montes periurbanos na calidade ambiental de Vigo, como demostra o rexeitamento de proxectos e o esquecemento do Concello, máis acentuado neste mandato.

Fuente: www.lavozdegalicia.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tablas de precios orientativos de la madera

Documentacion y Legislación