Resolución do 17 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

Resolución do 17 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

O artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establece que se a solicitude de iniciación dun expediente non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os exixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.

O artigo 10.1º da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro), prevé que, unha vez presentada a solicitude, se revisará a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural, á cal se remitirá o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Requirir os solicitantes que figuran no anexo desta resolución para que nun prazo de dez días hábiles emenden a falta o acheguen os documentos que se especifican no dito anexo.

No caso de que non o fixeren así, teranse por desistidos da súa solicitude, logo da resolución que se dite para o efecto.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.


Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Documentacion y Legislación