Xunta e USC colaboran para achegar ao sector forestal ferramentas para a xestión sustentable dos montes galegos

O director xeral de Montes reuniuse hoxe cos coordinadores da
recompilación de traballos de investigación realizados nos últimos quince anos
 e que proximamente verán a luz  nun libro editado pola Consellería do Medio Rural





Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, está a colaborar coa Universidade de Santiago (USC) no achegamento ao sector forestal de ferramentas silvícolas a prol da xestión sustentable dos montes galegos.

Neste marco de acción, o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas reuniuse hoxe en Santiago con Alberto Rojo Alboreca e Roque Rodríguez Soalleiro, investigadores e profesores na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo (USC) para analizar os resultados da recompilación de investigacións realizada pola Unidade de Xestión Forestal Sustentable da devandita escola durante os últimos quince anos.

O traballo realizado será editado pola Consellería do Medio Rural baixo o título Ferramentas silvícolas para a xestión forestal sustentable en Galicia. A publicación irá acompañada dun CD con programas para aplicar as ferramentas que figuran no libro.

Investigación punteira

Trátase dunha investigación punteira, que xa espertou o interese por parte de diferentes entidades e persoas, non só do sector forestal de Galicia, senón incluso no eido internacional

Fuente: www.xunta.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Documentacion y Legislación