Medio Rural prohibe as queimas nesta fin de semana e ata novo aviso debido á previsión meteorolóxica adversa


Agárdanse altas temperaturas
e forte vento do nordés

Ante as previsións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, con altas temperaturas e forte vento do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a realización de queimas nos montes galegos ata novo aviso.

Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería.

Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.

Fonte: www.mediorural.xunta.es/irdi

Comentarios

Entradas populares de este blog

Documentacion y Legislación

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA