Medio Rural prohibe as queimas a partir do próximo luns e ata novo aviso debido á previsión meteorolóxica adversa


Agárdase forte vento do nordés

Ante as previsións meteorolóxicas que se agardan para o vindeiro luns 3 de maio, con forte vento do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a realización de queimas nos montes galegos ata novo aviso.

Deste xeito, queda totalmente prohibido a partir do luns levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería. Aquelas persoas que teñan un permiso de queima concedido para antes do luns 3 de maio poderán utilizalo sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan axeitadas.

Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas agardadas para os vindeiros días.

Fonte: http://mediorural.xunta.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tablas de precios orientativos de la madera

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA