Rematada a plantación de máis de 1.200 exemplares de gran porte no novo parque forestal de Pontillón

A Concellaría do Rural escolleu até 23 especies distintas propias de ribeira para recuperación ambiental de todo o encoro que sufriu a vaga de lumes do verán do 2006. Logo da Semana Santa
está previsto iniciar coa recuperación do sendeiro no contorno do encoro duns 3 quilómetros de longo


O proxecto do novo parque forestal do Pontillón xa superou unha das súas fases máis importantes: a plantación de máis dun millar de exemplares de até 23 especies distintas. Nestes últimos meses, e aproveitando a época idónea de plantación, a Concellaría do Rural que xestiona Miguel Vázquez Plaza rematou, practicamente os transplantes e nas vindeiras semanas, logo da Semana Santa, comezarán os traballos de mellora dos sendeiros que bordearán toda a cuba do encoro do Pontillón.
 
 
O proxecto do parque forestal do Pontillón, que executa e empresa Naturgalia, achégase aos 590.000 euros e pretende a recuperación ambiental de todo o contorno do encoro. As plantacións fixéronse dende o pasado mes de outubro aproveitando o tempo frío e as choivas, e remataron no mes de febreiro. Na actualidade, só se está pendente da plantación dos exemplares de maior porte, os carballos de maior calibre para os que son preciso unhas condicións específicas para o seu transplante e plantación.
 
 O novo parque forestal disporá de 1.252 exemplares de até 23 especies distintas, todas elas autóctonas e propias da hábitat de ribeira no que se atopan. Ademais, son todas caducifoias xa que unha das pretensións do proxecto de acondicionamento do parque forestal do Pontillón (incluído no programa Monte Vivo) é a prevención de incendios forestais, e estas especies son máis idóneas para evitar a propagación dos lumes creando barreiras antilumes naturais.

  
Precisamente, Pontillón fóra unha das zonas máis afectadas a vaga de lumes do verán do 2006. Os traballos de reforestación fixéronse logo de retirar a madeira queimada e de tratar o chan para garantir que os novos exemplares prendan. As árbores escollidas e xa plantadas son:

 
  1. Liquidambar styraciflua (Liquidambar)
  2. Acer saccharinum (Acer)
  3. Alnus glutinosa (Ameneiro)
  4. Quercus robur (Carballo)
  5. Castanea sativa (Castiñeiro)
  6. Quercus rubra (Carballo americano)
  7. Fagus sylvatica (Falla)
  8. Fraxinus excel “Jaspidea” (Freixos)
  9. Lirioden tulipifera (tulipíferos)
  10. Larix decidua (Alerce)
  11. Metasequoia glyptostroboides (Metasequoia)
  12. Taxodium distichum (Ciprés)
  13. Salix babylonica (Salgueiro chorón)
  14. Salix alba (Salgueiro)
  15. Prunus avium (Cerdeira)
  16. Pinus pinea (Pino)
  17. Ilex aquifolium (Acevos)
  18. Betula utilis dorenboos (Bidueiro)
  19. Corylus avellana (avellano)
  20. Laurus nobilis (Loureiro)
  21. Tilia cordata (Tilo)
  22. Sorbus aucuparia (Escornavois)

 
Ademais das plantacións, durante estes meses tamén se recuperou parte do mobiliario do parque que será reubicado en distintos puntos do parque forestal, e se completará con novo mobiliario para dar servizo aos visitantes.
 
A restauración ambiental do Pontillón continuará coa mellora dos sendeiros que bordean todo o encoro. Serán arredor de 3 quilómetros de longo nos que será preciso reconstruír algún elemento como unha pontella de pedra derruída. Está previsto que estes traballos comecen logo da Semana Santa.

 
No proxecto tamén está previsto habilitar unha praia natural existente nun remanso do encoro e instalaranse postos de pesca para facilitar unha práctica xa habitual neste encoro. O proxecto complétase co acondicionamento do Outeiro do Castro.
 
 Hai que recordar que a recente creación do Complexo deportivo do Pontillón do Castro constitúe un importante logro para o desenvolvemento do deporte de elite en Pontevedra. Máis alá de garantir a continuidade da canteira de grandes campións na que Pontevedra é unha referencia, este centro abre enormes posibilidades para o desenvolvemento de actividades lúdicas e de deporte de base, así como as relacionadas coa natureza, que deben ser aproveitadas
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Documentacion y Legislación