Preto de 260 persoas participan en dúas xornadas do ISSGA sobre prevención e seguridade no sector forestal


Preto de 260 persoas participan en dúas xornadas do ISSGA sobre prevención e seguridade no sector forestal

A directora so Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe o curso de Lugo
O ISSGA está a desenvolver este ano un programa específico de prevención de riscos laborais para o sector forestal, no marco do Plan de Actividades do Instituto para 2012
A creación deste programa específico para o sector forestal xustifícase pola súa importancia económica e social, e tamén polas taxas de sinistralidade que se rexistran
Lugo, 20 de xuño de 2012.- Preto de 260 persoas participaron en dúas xornadas sobre prevención e seguridade no sector forestal, organizadas polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar. En concreto, hoxe ten lugar en Lugo e onte tivo lugar na Coruña.
A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe a xornada de Lugo na que se presentou a situación actual do sector forestal en Galicia, así como os principais riscos existentes nos traballos forestais en monte, procedementos de traballo e medidas preventivas, facendo especial fincapé na maquinaria utilizada e na planificación e organización dos traballos en montes.
O ISSGA está a desenvolver este ano un programa específico de prevención de riscos laborais para o sector forestal, no marco do Plan de Actividades do Instituto para 2012. Este programa levase a cabo en colaboración con entidades relacionadas co mesmo, tales como asociacións, sindicatos especializados ou a Escola Politécnica de Lugo, e conta con catro eixos: actuacións de loita contra a sinistralidade no sector; accións informativas e formativas; xornadas técnicas; e formación de docentes do sector agrario, no marco dun acordo de colaboración coa Consellería de Medio Rural e Mar.
As actuacións de loita contra a sinistralidade céntranse en visitas dos técnicos do ISSGA a empresas do sector para prestarlles asesoramento técnico, que pode ser solicitado voluntariamente polas empresas e permitirá, ademais de determinar a tipoloxía dos accidentes máis frecuentes e as súas causas, manter contacto coas asociacións e empresas para facer un seguimento continuo, e elaborar un cuestionario de actuación para o persoal técnico do ISSGA para protocolizar o procedemento das devanditas actuacións técnicas.
Durante este ano se están a realizar accións informativas sobre os riscos máis frecuentes da actividade forestal, por exemplo, a actividade da tala, que é unha das que maiores índices de sinistralidade presenta. Estas accións informativas poden estenderse a outras actividades do sector, como por exemplo ao uso da motoserra, á maquinaria utilizada ou ao emprego de produtos fitosanitarios, entre outras.
Alto índice de gravidade
Quinzá-Torroja indicou que “a diversidade de tarefas que comprenden os traballos forestais e as condicións nas que se desenvolve esta actividade, tales como a dispersión e afastamento das explotacións provocan que este sexa un sector no que se detectan accidentes de gravidade”.


Asemade das características dos lugares e organizativas,contémplanse outros factores como o uso de maquinaria diversa con ruído e vibracións, como a motoserra; a utilización de praguicidas e outros agroquímicos, ou riscos ergonómicos propios das tarefas forestais.



A creación deste programa específico para o sector forestal xustifícase pola súa importancia económica e social, e tamén polas taxas de sinistralidade que se rexistran.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Documentacion y Legislación