EPISODIO AVENIDA DO EBRO 2015: Menos caudal pero mais altura? Causas e Explicación




Unha avenida (coñecida nalgúns lugares tamén como enchente -dun río, regueiro, etc. -, crecente, riada ou augas altas) é a elevación do nivel dun curso de auga significativamente maior que o fluxo medio deste. Durante a enchente, o caudal dun curso de auga aumenta en tales proporcións que o leito do río pode resultar insuficiente para contelo. Entón a auga desbórdao e invade o leito maior, tamén chamado chaira aluvial.Estas chairas aluviais son amplos espazos que cumplen o papel de disipacion de enerxia das augas e almcenamento de caudais en resumo sonun sitema de autoregulaicon do rios para reducir os seus excesos.Son xeralmente fértiles e nelas o home ubicou a maior parte das súas actividades(campos de cultivo,...) e infraestruturas (cidades, autoestradas etc...), pero a natureza e sabia e sempre tende a recolonizar aquilo que lle foi arrebatado.

Durante o pasado mes de Febreiro e debido as numerosas precipitacións acaecidas en todo o norte de España , o río Ebro desbordase ao seu paso por Miranda de Ebro, nas estacións de aforo(medida) rexistrouse un caudal de uns 1.000 m3/s ou o que é o mesmo uns 1000000 l/s

O caudal asignado aos niveis rexistrados no sensor de nivel da estación de aforamentos se establece mediante a táboas de gasto (altura-caudal) que é válida para as situacións nas que só o río Ebro vén crecido e os ríos Bayas e o Zadorra non interfiren no seu desaugadoiro ou circulación a través do tramo urbano de  Miranda. O caudal máximo que lle tería correspondido, en situación de fluencia sen interferencia, a un nivel de 6,95 metros sería de 1372 m³/s.

Nesta ocasión, non obstante, tanto o Bayas como o  Zadorra viñeron crecidos, o que reduciu a capacidade de desaugadoiro do Ebro na confluencia dos tres ríos xerando un amplo remanso que sobreelevou os niveis observados nas tres estacións de aforamento ubicadas no nucleo urbano de Miranda do ebro no leito do Rio Ebro e nos tramos finais do rio Bayas e Zadorra. Este remanso reduciu as velocidades de fluxo e sobreelevou a lámina de auga, invalidando, polo tanto, a utilización das táboas de gasto. Isto provocou que, en tempo real, os datos de caudal ofrecidos estivesen sobreestimados respecto ao caudal que circulaba, limitado pola capacidade do tramo.

Isto obriga a recorrer a outras fontes (á parte do nivel real rexistrado) que permitan avaliar os caudais circulantes. Analizando todas estas  fontes estímase que os caudais punta rexistrados en Miranda de Ebro foron moi próximos a 1000 m³/s e non de 1372 m³/s como indicaban as táboas.. Para este caudal, segundo a táboa de gasto establecida para a estación, válida para cando o Zadorra non vén crecido, o  nivel que houbera correspondido sería de 5,50 m de altura. Sobre a base destes datos, estímase que a enchente  do Zadorra e o Bayas exerceron un efecto de sobreelevación da lámina de auga en Miranda de Ebro algo inferior a 1,50m.

Durante o episodio do 2015 o encoro do Ebro, na cabeceira do Ebro, rexistrou caudais punta de entrada de 250 m³/s, mentres que os caudais vertidos por este foron de 5 m³/s (caudais ambientais) en todo momento.Analizando os datos de nivel e caudal reais circulantes por Miranda e extrapolando os niveis que poderían ter circulado por Miranda, dedúcese que poderían ter sido de entre 7,60 m e 8,20m (xa tendo en conta o efecto de remanso que se constatou neste episodio).

A previsión inicial do nivel máximo foi da orde de 5,20m, mentres que o nivel observado no aforamento posteriormente foi de 6,95m . A explicación de por que non se fixo unha boa previsión dos niveis foi que non se tiña constancia do importante que podían ser os efectos de retención exercidos polo Zadorra sobre o Ebro (aínda sendo conscientes de que era bastante probable que este fenómeno de sobreelevación puidese darse, descoñecíase a súa magnitude real).

CONCLUSIÓN:

Tecnicamente trátase de «unha sobreelevación de lámina», fenómeno que ademais se vai repetir a cidade cando se dean as mesma condicións, xa que a confluencia de caudais xera unha afección de difícil corrección, e ante a que non poden executarse grandes obras que alivien este problema de cara ao futuro. Así que segundo os cálculos da Confederación hidrográfica do Ebro, de xuntarse de novo estes mesmo caudais nos tres ríos, este episodio poderá repetirse de media cada 25 anos, que é o período de retorno ou tempo medio entre duas avenidas con caudais semellantes ou superiores para avenidas deste tipo.


As infraestucturas (embalses, diques etcc) non impiden as crecidas ou avenidas, solo mitigan os seus efectos. Cada crecida é diferente, o Ebro e un sistema natural moi complexo, non só debemos giarnos por modelos hidráulicos y períodos de retorno, senón  e principalmente polo  sentido común. Os danos potencial cada vez son maiores a pesar de que estamos ben preparados e organizados para “predicilas” pero pola contra cada vez que ocorre unha avenida hai mais danos posto que aumentamos a exposición ( ocupando terreos que lle corresponden ao dominio publico hidráulico, en consecuencia aos ríos e o Ebro neste caso en concreto) A solución esta en un correcto mantemento dos cauces e unha correcta ordenación do territorio. 

Fonte: Datos obtidos da CHE

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Distancias de plantaciones a casas, carreteras, cultivos,...