Entradas
Mostrando entradas de mayo, 2011
Fernández-Couto presenta as SOFOR como a mellor garantía de sustentabilidade para o monte galego
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O director xeral de Montes participou no Congreso Internacional ‘Xestión Forestal no territorio do futuro: incidencia nos ciclos da auga e do carbono', que se desenvolveu en Compostela As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) son a mellor garantía de sustentabilidade para o monte galego, no caso das propiedades particulares, segundo indicou hoxe o director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto. O titular de Montes participou no Congreso Internacional “Xestión Forestal no territorio do futuro: incidencia nos ciclos da auga e o carbono”, organizado pola Unión de Silvicultores do Sur de Europa e a Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Na súa intervención, o director xeral referiuse ás SOFOR como “un valor seguro para mellorar a capacidade de aplicar xestión sustentable do monte e para a defensa contra o lume”. Segundo sinalou o director xeral de Montes, a xestión conxunta de propiedade