INFORMACIÓN INTRUSISMO REDACCIÓN PLANS MUNICIPAIS CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Dende o COETFG informamos sobre o seguinte: Dende que o Colexio tivo noticia de que nalgúns Concellos na nosa Comunidade se estaban a redactar os "Plans Municipais de Prevención e Defensa contra incendios forestais" por persoas que non son tituladas forestais competentes, púxose en marcha unha labor de recopilación de información a través das Administracións Autonómicas e Locais, prensa e achegas de colexiados. En base ós datos obtidos atopámonos en posición de anunciar que: Nos vindeiros meses o COETFG, procederá a tomar as medidas legais oportunas contra as persoas, entidades ou organismos que consten como redactores de ditos Plans e se atopen nalgún dos casos seguintes: 1º- Que non foran redactados por Enxeñeiro Técnico Forestal ou Enxeñeiro de Montes, legalmente habilitados para o exercicio da profesión (isto é: titulados e colexiados no Colexio Profesional correspondente). 2ª- Cando ditos documentos non estean visados polo Colexio Profesional competente (p...