Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Axencia Galega da Industria Forestal

TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS

Imagen
  TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS Para atender a demanda actual e futura da madeira é necesario producir madeira de calidade. Conseguir troncos rectos, sen defectos, cun bo diámetro e libres de nós, que lle aseguren á industria a mellor materia prima e aos silvicultores e silvicultoras bos prezos que compensen o seu esforzo. Acadar este obxectivo depende dunha silvicultura activa que planifique as plantacións e que despois faga os traballos necesarios para mantelas nas mellores condicións produtivas. E dentro destes labores, un dos máis importantes é a poda. Neste vídeo, elaborado pola Asociación Forestal de Galicia co patrocinio de Xera, Axencia Galega da Industria Forestal (Xunta de Galicia) , resúmense as técnicas de poda das coníferas. Fonte: Facebook da Asociación Forestal de Galicia Asociación Forestal de Galicia

TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN FRONDOSAS

Imagen
 T ÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN FRONDOSAS A poda é un dos labores máis importantes para conseguir madeira da máxima calidade. O obxectivo é que as árbores medren cun tronco recto, perfectamente cilíndrico e libre de nós. No caso das frondosas, para conseguilo é preciso facer dous tipos de podas: as de formación, para asegurar un crecemento vertical, e as de calidade, para evitar que a madeira teña nós. Neste vídeo, elaborado pola Asociación Forestal de Galicia , co patrocinio de Xera, Axencia Galega da Industria Forestal (Xunta de Galicia) , amósase a técnica destes dous tipos de poda. Fonte: Facebook da Asociación Forestal de Galicia Asociación Forestal de Galicia

Resultados Enquisa industria forestal galega ante o COVID-19

Imagen
Resultados Enquisa realizada no mes de maio en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer a situación da industria forestal galega no contexto actual marcado polo COVID-19. Presentación dos resultados da enquisa Fonte:  Axencia da Industria Forestal

Axencia Galega da Industria Forestal - Xera

Imagen
A Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) é unha axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ten como obxectivo o impulso da actividade económica neste ámbito, para mellorar a competitividade das empresas e coordinar os centros de investigación en materia forestal. Trátase de lograr unha convivencia saudable e sustentable entre o aproveitamento e industrialización forestal e a conservación dos bosques autóctonos, promovendo ao mesmo tempo a investigación en biotecnoloxía forestal.  Actuará como interlocutora cualificada na elaboración dos instrumentos de planificación, ordenación e mellora da xestión e aproveitamento dos recursos forestais que regula a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Xera asumirá os medios persoais e materiais e as competencias do centro de investigación e innovación autonómico CIS Madeira e establecerá, así mesmo, mecanismos de colaboración con outros centros de investigació...