As consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural reorganizarán o sistema de información territorial para optimizar o seu funcionamento
A elaboración da nova cartografía a escala 1:5.000 levarase a cabo a través de voos que ofrecen a posibilidade de xerar modelos en 3D A Xunta está a promover o impulso das Infraestruturas de Datos Espaciais (IDE), conxunto de normas que perminten o intercambio de información xeográfica dixital en condicións que faciliten a súa busca, visualización e emprego Os datos espaciais son relevantes na planificación de infraestruturas de comunicación, servizos asistenciais de redes de mobilidade ou equipamentos O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inaugurou hoxe a Xornada de Infraestruturas de Datos Espaciais da provincia de Pontevedra, na cidade do Lérez. Hernández indicou que dende o goberno galego estase a promover unha planificación estratéxica no eido dos datos espaciais, adoptando un modelo único de xestión. Para isto, estase a elaborar un texto lexislativo que entre outros aspectos, vai proceder a unha reorganización funcional do ...