Entradas

Mostrando entradas de julio, 2014

A Xunta prevé mobilizar 450 millóns en en seis anos e crear mil empregos coa estratexia da biomasa

A Xunta de Galicia prevé que se mobilicen uns 450 millóns de euros ata o ano 2020 e xerar un millar de postos de traballo coa estratexia integral da biomasa, á que achegará algo máis de 89 millóns de euros de axudas directas. 
Así o destacou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na presentación do plan á sociedade e aos medios este luns no auditorio de Abanca no Preguntoiro, despois de ser analizado o xoves na reunión semanal do Goberno autonómico. 
Na súa intervención ante os asistentes, Feijóo, ao igual que previamente o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, fixouse como meta "activar unha nova industria" que non solo supoña incrementar o uso da biomasa con fins térmicos senón que sirva, ademais, para mellorar o aproveitamento do monte da comunidade e reducir con iso o risco de incendios. 
Ao respecto, valorou o aproveitamento de fondos do novo período de axudas da Unión Europea (2014-2020) e puxo como exemplos países como Austria, Xapón e Alemaña. O …