Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ilas Atlánticas

Descuberta no Parque Nacional das Illas Atlánticas unha nova especie de fungo

No Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ven de ser descuberta unha nova especie de fungo, bautizado como Clitocybe auniosiana. O achado, realizado por Jaime Blanco Dios, da Asociación Micolóxica Brincabois, foi resultado dos estudos que se están levando a cabo na actualidade sobre a flora de fungos deste espazo protexido, promovidos pola Consellería do Medio Rural. O novo fungo foi localizado na illa de Ons e o seu descubrimento será publicado en breve como nova especie para a Ciencia. Outras especies reseñables deste Parque son a Marasmiellus vaillantii., a Hygrocybe spadicea ou o Boletus pulverulentus, tamén atopadas nesta illa, destacando o feito de que as dúas últimas están incluidas na Lista Vermella provisional de Hongos Ameazados da Península Ibérica. Especies singulares Nas outras illas do espazo natural cabe destacar, a modo de exemplo da importancia da flora micolóxica destas superficies protexidas, a presenza en Cortegada de Hypoxylon m...