Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Queimas

Comeza a tempada de alto risco de incendios e quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais

Imagen
Incendio forestal en la parroquia de Puente Sampayo, Pontevedra (Galicia, España), el 10 de agosto de 2016 A partir deste mércores 1 de xullo iníciase a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia . Permanecerá activa durante tres meses, ata o 30 de setembro, segundo apuntan desde a Consellería  do Medio Rural. Por este motivo,  quedan suspendidas as queimas . Interrompeuse a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, ademais dos permisos para as queimas forestais. A Consellería lembra que calquera persoa pode utilizar o teléfono de chamada anónima e gratuíta para denunciar calquera actividade delituosa de tipo incendiario da que teña sospeita ou coñecemento.  O número é o 900.815.085 . En leste mesmo sentido, desde a Xunta  pídese a colaboración da cidadanía para que se denuncien estas accións  a través deste teléfono ou poñéndose en contacto coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Tamén se atopa ao dispor da poboaci...

Dende este luns poden solicitarse de novo permisos de queimas

Imagen
A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde hoxe luns, día 7 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 9 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas. Polo tanto, a partir de hoxe ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia . Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, se...