Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Fiscalidade

Os donos de monte que agrupen o seu terreo terán mellor trato fiscal

O minifundio fai que en Galicia haxa xa dous millóns de parcelas forestais abandonadas ou infrautilizadas A Xunta negocia con Madrid unha nova figura societaria para a xestión conxunta das explotacións Os propietarios forestais que agrupen as súas parcelas para unha xestión conxunta do monte poderán optar a un mellor trato fiscal. A Xunta iniciou as negociacións co Goberno central para o desenvolvemento dunha nova figura societaria -prevista na lei estatal de montes do 2003- que incentive o aproveitamento forestal. Con esta rebaixa tributaria, que afectaría ao imposto de Sociedades, tamén se pretende atraer ao capital privado para que invista no monte, un instrumento apenas utilizado ata agora. Os donos particulares de parcelas forestais non sempre teñen os suficientes recursos para rendibilizar as explotacións. A Consellería de Medio Rural xa constituíu un grupo de traballo para presentar en Madrid unha proposta para o desenvolvemento desta nova figura societaria, que tamén ve con...

O sector da madeira Reclama Beneficios fiscais para quen invista no monte

Imagen