Publicado o decreto que regula os aproveitamentos forestais
Medio Rural concreta a normativa definitiva das declaracións responsables e autorizacións de corta, así como as regulacións relativas a aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto que regulaos aproveitamentos forestais . A nova normativa, que segue a liña esperada no sector, entrará en vigor en 20 días naturais (9 de xuño). O decreto concreta as regras sobre as autorizacións e declaracións responsables de cortas de madeira, precisando que procedemento hai que seguir en cada caso. Tamén estipula as condicións para aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas. Tódolos procedementos deberán tramitarse por sede electrónica . Tramitación por xanela única Naqueles aproveitamentos forestais que esixan dunha autorización, as solicitudes serán tramitadas pola Xunta a modo de autorización única, de xeito que para valorar as actuacións suxeitas a lexislacións sectoriais (Patrimonio, Augas de Galicia...