Axilízanse as autorizacións de corta de madeira a carón de ríos, estradas autonómicas e en Rede Natura
Photo by Oliver Paaske on Unsplash O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicau o passado mércores a orde do 25 de marzo de 2020 , conxunta entre as consellerías do Medio Rural, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se aproban os novos pregos de condicións aos que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros dunha serie de especies madeirables (piñeiros, eucaliptos e acacias) en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por lexislación de protección do dominio público (zonas de protección de estradas autonómicas, policía de leitos de ríos e regatos de competencia galega e de conservación do patrimonio natural). Así, a aprobación dos citados pregos permitirá substituír a esixencia de autorización administrativa por unha declaración responsable da persoa interesada na corta, comprometéndose ao cumprimento dos requisitos específicos contemplados para as cortas en cada un destes espaz...