Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Madeira

O prezo do piñeiro continúa á alza, mentres o eucalipto mantense alto

Imagen
Operacións de carga de madeira de piñeiro. / Arquivo. A subida de prezos da madeira de coníferas iniciada a mediados deste ano prevese que continúe, polo menos, entre 3 e 6 meses máis. O aumento crecente da demanda, xunto ao aumento das limitacións loxísticas e de produción en determinados países, fan que o mercado continúe nuns prezos históricos A burbulla que se comezou a xestar a mediados deste ano no mercado da madeira de piñeiro continuou crecendo. A época COVID alterou todos os mercados, aumentando a demanda, e outras causas estruturais, como a limitación loxística e de transporte actual, favoreceron un incremento dos prezos da madeira, principalmente de piñeiro. En menor medida, os prezos do eucalipto experimentaron pequenas melloras polo aumento do prezo internacional da pasta de papel. Este outono arrancou coa pasta de papel por riba dos 900 euros / tonelada, o que representa unha suba de preto de 400 euros nun ano. Esa situación propiciou unha mellora progresiva dos prezos pa...

Los propietarios forestales mantienen las talas, con 222,5 millones de ingresos en el 2020

Imagen
La Asociación Forestal de Galicia subraya que comunidades de montes y particulares continuaron con la gestión habitual del monte durante la pandemia, incluyendo acciones de prevención de incendios, tratamientos silvícolas y plantaciones El monte en Galicia se demuestra una vez más como un sector resiliente a las cíclicas crisis, con capacidad para aportar unos ingresos extra cuando vienen mal dadas. Durante la pandemia de la Covid-19, los propietarios forestales de Galicia mantuvieron las talas en un volumen similar al año anterior y lograron en el 2020 una facturación de 222,5 millones de euros, según los cálculos de la Asociación Forestal de Galicia, elaborados a partir de los datos de talas de la Consellería de Medio Rural. Fuera de los primeros meses de confinamiento, que ralentizaron la actividad de toda la cadena de la madera, comunidades de montes y propietarios particulares mantuvieron la gestión del monte de una manera similar a otros ejercicios, continuando con los trabajos ...

Publicado o decreto que regula os aproveitamentos forestais

Imagen
Medio Rural concreta a normativa definitiva das declaracións responsables e autorizacións de corta, así como as regulacións relativas a aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto que regulaos aproveitamentos forestais . A nova normativa, que segue a liña esperada no sector, entrará en vigor en 20 días naturais (9 de xuño). O decreto concreta as regras sobre as autorizacións e declaracións responsables de cortas de madeira, precisando que procedemento hai que seguir en cada caso. Tamén estipula as condicións para aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas. Tódolos procedementos deberán tramitarse por sede electrónica . Tramitación por xanela única Naqueles aproveitamentos forestais que esixan dunha autorización, as solicitudes serán tramitadas pola Xunta a modo de autorización única, de xeito que para valorar as actuacións suxeitas a lexislacións sectoriais (Patrimonio, Augas de Galicia...

Volverá ser o monte un recurso fundamental ante a crise?

Imagen
Se os prezos e o mercado axudan, no sector forestal agárdase un incremento das cortas nos vindeiros meses pola necesidade de moitas familias de botar man da madeira, ante a difícil situación económica que se aveciña O monte galego, con preto de 500.000 propietarios forestais e figuras xenuinas como as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, é un dos máis socializados de Europa. Por iso, cada vez que a situación económica se pon difícil, actúa como caixa de aforro das familias.Iso foi o que pasou durante a crise económica da última década e prevese que as cortas de madeira volvan ser unha táboa de salvación para a nova crise que vai deixar tras de si a pandemia do coronavirus. Aínda que a situación desta volta é diferente. Coa actividade parada en moitos sectores, a demanda de madeira de piñeiro atópase baixo mínimos e no eucalipto danse como posibles baixadas de prezos a curto prazo, o que non animaría a vender. Pero, en moitos casos, a necesidade é máis forte que ...

“Cortar árbores é malo?, se se pensa iso hai que explicar como a madeira resolve problemas”

Imagen
Procesadoras forestales de Maderas Fernández en un Monte en Lalín (Pontevedra). Os debates enquistados sobre eucaliptos, lumes ou ‘limpeza’ do mato constrúen unha imaxe do monte en negativo, con dous mundos enfrontados, o sector forestal por un lado e unha parte da sociedade con preocupacións ecoloxistas polo outro Analizamos con representantes do sector forestal e do ambiental como tender pontes entre monte e ecoloxismo Cando se lle pregunta ós propietarios forestais se o eucalipto é malo, 9 de cada 10 contestan que non. A mesma pregunta, formulada a un público maioritariamente universitario que asistía a un debate científico sobre o eucalipto, deparou o resultado contrario. Máis do 80% consideraba ‘malo’ ó eucalipto. Trátase de dúas visións do monte aparentemente irreconciliables, pero sobre as que é posible tecer unhas bases comúns de entendemento, segundo coinciden representantes do sector forestal e ambiental cos que falamos. “Cortar árbores é malo?. Se s...