Medio Rural recuperará unhas 30.000 hectáreas de soutos tradicionais para potenciar a produción de castaña
O conselleiro José González visitou o luns Folgoso do Courel e coñeceu, xunto coa alcaldesa, os terreos nos que xa actuou a Xunta cunha achega de medio millón de euros Levarase a cabo a través dun plan de recuperación que permitirá identificar e caracterizar as plantacións para optimizar o aproveitamento da castaña de forma que repercuta na riqueza do rural A Consellería do Medio Rural desenvolverá un Plan de recuperación dos soutos tradicionais de Galicia para poñer en valor a produción de castaña na nosa comunidade. Farao en diferentes fases, que contemplarán dende a identificación e a caracterización dos soutos ata a implantación dun modelo de aproveitamento da castaña, de forma que a súa transformación se faga nas propias zonas produtoras, mantendo sempre a propiedade dos terreos nos habitantes das aldeas e procurando fórmulas de tipo cooperativo ou asociativo para a súa xestión conxunta. Es...