Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

ENTREVISTA: SAMUEL JUÁREZ Conselleiro de Medio Rural Ola de incendios

El viento y las temperaturas le han dado una tregua sólo relativa. El informe judicial que cuestiona la versión de la Xunta del incendio de Fornelos, en el que murieron dos brigadistas, ha vuelto a poner en guardia al conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez (La Bañeza, 1962).

Pregunta. El PSdeG habla de 10.000 hectáreas quemadas este año. ¿Cuál es el balance oficial?
Respuesta. Lo que tengo son los datos que a mí me dan los servicios. La cifra está en unas 8.000 hectáreas.
P. ¿Lo considera un balance satisfactorio?
R. Yo voy a hablar de esto al final de la campaña. De momento es la cifra que hay, y a mí me parece que todo lo que arda es mucho.
P. ¿Podría explicar en qué consiste ese efecto contagio que le lleva a limitar la información sobre incendios?
R. La gente que lleva muchos años en esto asegura que la presencia en los medios de comunicación de mucha información sobre incendios produce automáticamente un aumento de los fuegos intencionados. Yo este verano lo he visto claramente. Con…

Medio Rural inviste 510.000 euros na divulgación e información da xestión forestal sostible

A Consellería asinou cadanseu convenio con SILVANUS, AFRIFOGA, ASEFOGA e a Asociación Forestal de Galicia A achega da Consellería do Medio Rural ascende a 140 mil euros en tódolos casos menos con AFRIFOGA que será de 90 mil euros
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asinou esta mañá catro convenios de colaboración coa Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia (SILVANUS), a Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia (AFRIFOGA), a Asociación Forestal de Galicia e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). No acto estiveron tamén presentes o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, e representantes de cada un dos diferentes colectivos.

O obxectivo desta firma entre a Consellería do Medio Rural e as asociacións é promover sesións de información e divulgación da xestión forestal sostible dirixidas, fundamentalmente, a propietarios forestais privados.

Silvanus

A Consellería do Medio Rural achegará a esta entidade a cantidade de 140.000 euros, dos…

Medio Rural remitirá este luns á xustiza o informe interno sobre o incendio de Fornelos de Montes

O documento indica, entre outros aspectos, que o lume prendeu en tres focos distintos e cunha ignición simple, o que apunta a súa intencionalidade

A Consellería do Medio Rural remitirá este mesmo luns o informe interno sobre o lume forestal de Fornelos de Montes no que faleceron dous operarios de Seaga ao xulgado encargado da súa investigación. O informe foi redactado ao longo das últimas horas por técnicos do propio SDCIF (Servizo de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia), en base ás investigacións dos propios técnicos e das testemuñas dos compañeiros dos falecidos.

O anuncio da remisión do informe ao xulgado realizouna esta tarde na Delegación da Xunta en Pontevedra o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, quen compareceu en rolda de prensa acompañado polo titular de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto. Canda eles atopábanse tamén os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e e…

PÉSAME

Imagen
Dende este blog,desexo manifestar a miña máis fonda condolencia aos familiares, amigos e compañeiros dos falecidos, así como facerlles partícipes do agradecemento de toda a sociedade galega polo labor que realizaron e no que atoparon, para desgraza de todos, o seu pasamento.   D.E.P

Morren dous brigadistas nun incendio en Fornelos de Montes

Imagen

Falecen dous membros dunha Brigada Antiincendios nun lume forestal en Fornelos de Montes

Imagen
Os conselleiros de Presidencia e Medio Rural encabezan o operativo de seguimento do sinistro

A Xunta de Galicia informa do falecemento, en desempeño das súas funcións, de dous membros dunha brigada anti incendios da empresa pública Seaga (Servizos Agrarios de Galicia, S.A.), mentres realizaban labores de extinción dun lume na parroquia de San Lourenzo do concello pontevedrés de Fornelos de Montes.
Descoñécense polo momento as causas concretas do falecemento, que serán investigadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Os conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o de Medio Rural, Samuel Juárez, así como o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, permanecerán activos durante toda a noite encabezando o operativo de seguimento do sinistro. Ambos conselleiros manteñen asemade permanentemente informado ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de canto detalle relevante se vai coñecendo.
A Xunta de Galicia desexa manif…

Medio Rural inviste 6 millóns de euros no fomento da silvicultura nos bosques galegos

Imagen
A Dirección Xeral de Montes vén de aprobar a concesión de 460 axudas para a execución de diversas accións silvícolas en 5.503 hectáreas forestais de Galicia Con esta iniciativa preténdese promover a mellora silvícola das masas forestais e obter montes arborizados con producións elevadas e de calidade
A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, vén de aprobar o investimento de preto de 6 millóns de euros para o fomento da silvicultura nos bosques galegos. Neste ano concédense 460 axudas para a execución de diversas accións silvícolas que mellorarán 5.503 hectáreas forestais de Galicia ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques do medio rural.A meirande parte das axudas aprobadas destinaranse á realización de podas en masas de coníferas e de tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas caducifolias. Así, das 460 axudas concedidas, 17…

Explicámoslles como traballan os equipos de prevención e extinción de lumes forestais

Imagen