A Xunta publica o Anuario de Estatística Forestal do ano 2019
Trátase dunha recompilación ampla e detallada coa información do sector forestal galego que obra nos rexistros administrativos Esta nova monografía supón a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas, logo da publicación o ano pasado do anuario cos datos do ano 2018 No portal web da Consellería do Medio Rural está dispoñible dende hoxe o Anuario de Estatística Forestal de Galicia correspondente ao ano 2019 . Trátase dunha radiografía detallada, ao longo de 120 páxinas, do sector forestal galego editada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural. Esta publicación é unha ferramenta fundamental para apoiar a toma de decisións en materia de ordenación, fomento e promoción do monte galego, tanto por parte da Administración forestal como do propio sector, xa que desenvolve e actualiza, de modo sistemático, os seus principais indicadores. Ademais, esta nova monografía estatística asenta un deber d...