Axencia Galega da Industria Forestal - Xera
A Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) é unha axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ten como obxectivo o impulso da actividade económica neste ámbito, para mellorar a competitividade das empresas e coordinar os centros de investigación en materia forestal. Trátase de lograr unha convivencia saudable e sustentable entre o aproveitamento e industrialización forestal e a conservación dos bosques autóctonos, promovendo ao mesmo tempo a investigación en biotecnoloxía forestal. Actuará como interlocutora cualificada na elaboración dos instrumentos de planificación, ordenación e mellora da xestión e aproveitamento dos recursos forestais que regula a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Xera asumirá os medios persoais e materiais e as competencias do centro de investigación e innovación autonómico CIS Madeira e establecerá, así mesmo, mecanismos de colaboración con outros centros de investigació...