Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2021

Árbores por carbono nos montes galegos co apoio técnico da Asociación Forestal de Galicia

Imagen
  A Fundación Arume, Clun e as comunidades de montes de Saiar e Paradela presentaron os traballos de restauración acometidos. A restauración ambiental de montes queimados representa unha oportunidade para que as empresas galegas compensen as súas emisións de CO2. Un proxecto en Caldas de Reis impulsado conxuntamente por Clun e a Fundación Arume, primeiro caso na comunidade Dúas comunidades de montes de Caldas de Reis, a de Saiar e a de Paradela de Bemil, están a promover a restauración ambiental dos seus montes no marco dunha iniciativa pioneira en Galicia. Os proxectos de restauración de ambos montes inscribironse no Rexistro de Absorcións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica, de xeito que as empresas interesadas en compensar as súas emisións de dióxido de carbono poidan acceder a ese mecanismo. O seu primeiro apoio xa chegou da man da cooperativa Clun. Clun, por medio dun convenio de colaboración coa Fundación Arume, comprometérase, entre outras liñas de traballo, a apoiar a