Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

XXXVII Asemblea xeral da AFG

Imagen
  XXXVII Asemblea xeral da AFG A Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou o 27 de abril a súa XXXVII Asemblea Xeral en Guitiriz (Lugo), nun acto ao que acudiron propietarios forestais e representantes de comunidades de montes veciñais de toda Galicia. A Asemblea serviu para facer balance da actividade da Asociación no último ano, así como das liñas de traballo en marcha. Unha das principais cuestións que se abordou é o traballo que está desenvolvendo a Asociación Forestal de Galicia para impulsar unha serie de agrupacións de xestión conxunta do monte. A creación das agrupacións é unha vía importante para mellorar a rendibilidade dos aproveitamentos, pois axuda a superar os problemas derivados do minifundio. A AFG comezou xa a apoiar a creación de arredor de dez proxectos de agrupacións de xestión conxunta nas catro provincias galegas, en distintas fases, desde iniciativas en fase inicial a proxectos xa consolidados. Entre os proxectos que se están poñendo en marcha figura en Lugo