jueves, 19 de septiembre de 2013

XUNTA DE GALICIA: Axudas Fomento da primeira forestación de terras non agricolas


ORDE do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.

  • Obxecto

Establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.

O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:
- Forestal (FO).
- Pasto con arboredo (PA).
- Pasto arbustivo (PR).

2. Nos terreos en que existise tradicionalmente arboredo non se poderán solicitar estas axudas.

3. En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

4. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.

5. Ao abeiro do establecido no PDR de Galicia, as zonas para forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arborado cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, que estean identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no número 3.1, non deberán ter recibido ningunha utilización nin intervención agraria durante polo menos 10 anos sucesivos antes de subscribir o compromiso.

  • Beneficiarios: 

As sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.



Obrigas dos beneficiarios

1. Coidados culturais mínimos: 

Durante cinco (5) anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de calvos e no caso de que o estado da forestación o requira:
a) Podas de formación e de calidade.
b) Fertilización cando o estado da planta o demande.
c) Mantemento das infraestruturas de defensa da forestación.

Cando se trate de plantacións de castiñeiro para froito, realizarase o enxerto unha vez que transcorra un ano, ou como máximo dous, desde a súa implantación.

2. O beneficiario da axuda e o solicitante están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde.

3. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

4. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo, de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia. 

5. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago.


  • Documentación


Documentación para presentar xunto coa solicitude:
    • a) Documentación xeral:
      • a.1) Fotocopia do DNI, NIF do solicitante, do representante deste e dos membros que constitúen os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens.

        As persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, dos seu datos persoais non terán que presentar a copia do DNI ou NIF.
      • a.2) Declaración doutra axudas segundo o anexo XII desta orde.
    • b) Documentación específica:
      • b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo X ou acordo de cesión.
      • b.2) Para pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo XI Acordo de compromisos e obrigas.
  • Documentación para presentar unha vez que sexa requirido pola Administración de acordo co establecido no artigo 16.4 desta orde:
    • Documentación xeral:
      • a) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración xurada.
      • b) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, de varas, abertais, de voces, vocerío, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto e unha copia, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra.
      • c) Documento descritivo das actuacións, ou anexo XIV, no caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.
      • d) Unha copia compulsada do documento que acredite a titularidade dos terreos.
    • Documentación para comunidades de montes veciñais en man común:
      • Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade para pedir axudas á Consellería do Medio Rural e do Mar para a execución das accións obxecto da solicitude.
      • Certificado de ingresos e reinvestimento en melloras no monte veciñal en man común (anexo XIII).
    • Documentación complementaria:
      • a) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución desta onde consten as persoas que forman parte da dita sociedade ou agrupación.

        A agrupación deberá estar de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo concedido no requirimento para achega da documentación acreditativa dos méritos.
      • b) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.
      • c) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.
      • d) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.
      • e) No caso dos pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens deberán presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta Administración pública.
      • f) Para todos: certificado do concello correspondente en que se indique a clasificación urbanística do solo.
      • g) Para todos: declaración responsable en que se relacionen as parcelas Sixpac, a súa clasificación catastral e a urbanística para a superficie para a cal solicitan a axuda.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

    Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
Fonte: https://sede.xunta.es/·         

miércoles, 18 de septiembre de 2013

GALICIA:Diez medidas de gestión forestal para ganar 2.700 millones



Un informe propone a Feijóo invertir 485 millones en el monte gallego para generar 21.000 puestos de trabajo

Galicia es una potencia forestal y maderera. Produce el 50% de la madera en rollo del Estado, el 43% de la madera aserrada, el 35% de la pasta de papel y el 33% del tablero. Sin embargo, según refleja un informe realizado por la Asociación de Becarios de la Fundación Barrié y la consultora The Boston Consulting Group, las cifras se invierten cuando se trasladan al impacto económico. Galicia representa solamente el 13% de la facturación total del Estado, concentra el 13% del empleo y cuenta con un 10% de las empresas, según el estudio. 



Razones hay muchas, pero predominan tres. La superficie forestal desaprovechada, que se estima en un 30% del total, a mucha distancia de las primeras potencias mundiales, como el caso de Finlandia, con una superficie forestal desaprovechada del 12%. En segundo lugar, una estructura de propiedad concentrada principalmente en minifundios privados que dificultan la gestión. Y por último, el tejido industrial, azotado por la crisis económica y por los propios problemas del sector. La industria de transformación de la madera de Galicia ha perdido 794 millones de euros en facturación y 6.800 empleos en los últimos cinco años, según los datos de Confemadera correspondientes a 2012.



Ante esta situación, el informe de la Asociación, encargado por el propio presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y que comenzó a gestarse en las jornadas Diálogos 03 celebradas en abril en A Coruña, propone diez medidas para mejorar la gestión forestal en Galicia. Son iniciativas ambiciosas, ya que, según estima el informe, de aplicarse, tendrían un impacto económico de 2.700 millones de euros, con una inversión de 485 millones.



Contra el minifundio


Lógicamente, el paquete de iniciativas propuesto por el informe afecta directamente a los problemas detectados en el diagnóstico previo. Concede una importancia mayor a cuatro propuestas. La primera es el fomento de la cooperación local frente a la estructura del minifundio. Esto se ejecutaría a través de un programa de comunicación destinado a potenciar el asociacionismo y la gestión eficiente y conjunta del monte. 

El estudio otorga una importancia capital a la estructura de la propiedad, instando, como segunda medida, a implementar un sistema de subvenciones y ventajas fiscales para los propietarios que emprendan modelos de gestión conjunta.

Más madera certificada

Tras esta cuestión, el estudio propone a la Xunta aumentar la certificación de madera y pide al Gobierno que certifique la totalidad de los bosques de titularidad pública en los próximos dos años. 

Este proceso añade valor añadido a la madera y se convertirá pronto en un requisito casi indispensable para comercializar el producto en mercados europeos. Sin embargo, en Galicia, solo un 8% de la superficie está certificada. Ence, por ejemplo, una empresa clave para la industria maderera, reconoce en la cuenta de resultados remitida a la CNMV correspondiente al ejercicio 2012 que tiende a utilizar cada vez más madera certificada y que, como la oferta no cubre toda la demanda, tiene que abastecerse fuera de Galicia, incrementando sus gastos logísticos. 

El I+D+I forestal

Por último, el estudio insta a la Xunta a crear un Consejo de Investigación Forestal, un órgano que se encargaría de diseñar las líneas estratégicas del I+D+I forestal. La investigación en este ámbito, recomienda el informe, debe hacerse a través de la colaboración público-privada y relacionar a propietarios y empresas.

Estos cuatro puntos son “indispensables”, según la asociación, para la valorización del monte gallego.

El decálogo

Pero hay otras seis medidas más. Entre ellas, adelgazar e unificar la burocracia o crear un programa de rehabilitación de viviendas que incluya un consumo mínimo de madera. Poniendo en práctica todas ellas, dice el informe, se lograría un impacto económico de 2.700 millones de euros. 

Pero además, el estudio concluye que una inversión 485 millones de euros en aplicar las iniciativas recomendadas, podría generar 21.000 puestos de trabajo al año.

Fuente: http://www.economiadigital.es




jueves, 12 de septiembre de 2013

Romper a perversa espiral que rodea aos incendios está nas nosas mans




Na última década arderon no país 285.000 hectáreas, segundo a Xunta de Galicia



“Esta é unha batalla a longo prazo na que non debemos dar nin un só paso atrás”. Así de contundentes se amosan os profesores da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos e Daniel Vega, ao referirse á loita contra os incendios, ao tempo que avogan pola mellora na xestión dos montes galegos como medida de prevención. 




Aínda que recoñecen que este é un problema “de difícil solución”, ambos os dous coinciden na necesidade de romper esta “espiral perversa” que rodea a todas as vagas de incendios que nas últimas semanas teñen en xaque ao país. 

O mellor xeito de acabar con esta dinámica “pasaría pola mellora substancial da xestión do monte e a posta en valor dun espazo natural que lle reporta moitos beneficios económicos ao home”, salienta Picos. 

A situación de abandono que está a sufrir o monte en Galicia por parte dos seus propietarios unido ao amparo que unha parte da sociedade dá ao lume, dificulta moito as tarefas de extinción no caso de producirse un incendio forestal. A posibilidade de aproveitar os beneficios destes montes son limitadas en moitos casos “xa que son os propios veciños e veciñas da zona os que aseguran que o monte xa non lles serve para nada, que xa non lles é produtivo”, explica Picos. Cómpre pois, concienciar á sociedade “da valía dun monte adulto e ben xestionado, evitando caer en prexuízos insostibles como o de pensar que despois dun incendio o monte xa queda inutilizado”, engade Daniel Vega. 

Segundo os datos provisionais facilitados no mes de agosto pola Consellería de Medio Rural e do Mar, nos últimos dez anos arderon en Galicia 285.000 hectáreas e producíronse 55.000 incendios repartidos entre as catro provincias. Do total de hectáreas queimadas, 115.000 corresponden a bosques adultos e de gran tamaño e a parte restante ao denominado monte baixo. Manexando tamén datos provisionais, a Xunta de Galicia cifrou en máis de 2000 o número de incendios producidos nos últimos nove meses.



Urbanismo irregular moi preto dos montes
Outro asunto que engrandece aínda máis esta “espiral perversa” é o que Juan Picos define de xeito coloquial como “urbanismo irregular” e que no eido profesional se coñece como interface urbano forestal. Tal e como explica o docente, é habitual atopar casas e alpendres nos bosques que hai ás aforas de vilas e cidades, aínda que ese non sexa o lugar máis axeitado para este tipo edificacións nin ningunha outra. Así, no caso dun incendio, obviamente a prioridade será salvagardar as vidas das persoas que residan nesa zona e as súas vivendas. “Para os efectivos que se destinan ao lugar ese é o seu principal labor. Entrementres, na maioría dos casos, o incendio avanza a pasos axigantados, ampliando o seu perímetro e incluso aparecendo máis frontes”, explica Picos. 

Outro dos aspectos sobre os que inciden os profesores da Escola de Enxeñaría Forestal é que cando se produce un lume nunha determinada zona as posibilidades de que este se repita nun período de tempo reducido é moi elevada. Como se rompe entón esa dinámica? “Traballando localmente, para quitar eses sitios recorrentes desa lista”, explican os docentes.



Intencionado ou accidental?
Ao falar da persoa ou persoas que provocan un lume, Juan Picos e Daniel Vega determinan un perfil tipo do incendiario ou indenciaria, un individuo cun “comportamento asocial que a mala fe provoca o incendio na procura de obter, nalgún dos casos, algún beneficio, ben sexa material ou non”, indica Picos. Tanto é así que no eido rural, o monte pasou de ser visto coma un elemento produtivo a “un espazo hostil que se pode combater, un feito que provoca que determinadas persoas se sentan lexitimadas á hora de prenderlle lume”. Novamente a situación de abandono que sofren os montes galegos dificulta a extinción dun posible incendio.

Con todo, hai persoas que provocan un incendio de xeito accidental ao estaren realizando normalmente unha queima nas súas leiras, sen permiso e nun período no que esta actividade está prohibida. Se durante todo o ano é necesario pedir un permiso especial para realizar queimas, a partires do 1 de xullo esta práctica está prohibida. No que vai de 2013, a Xunta de Galicia tramitou 400.000 solicitudes con este fin, sen embargo a pesares disto, hai individuos que as realizan de xeito alegal e sen “intención de provocar un incendio e rematan por facelo”, destaca Juan Picos. 



Consecuencias a medio e longo prazo

A recuperación dun monte logo dun incendio é moi lenta, ata o punto que a vexetación e as árbores poden tardar máis de tres ou catro anos en rexenerarse. “Curiosamente, ese novo bosque baixo é moito máis susceptible que o anterior ante un novo incendio”, asegura Juan Picos. Tamén a capacidade de retención de auga do chan se ve reducida considerablemente condenando a algúns terreos á seca. “A desmoralización e o abandono do propietario tamén é unha consecuencia directa” comenta o profesor da escola, poñendo fincapé precisamente na necesidade de xestionar ben o monte para poder obter del beneficios económicos. No eido máis social “é preocupante ver como as persoas nos acostumamos a ver incendios e case nin nos inmutamos”, unha reacción que segundo Picos se explicaría polo desapego da sociedade co monte.