Galicia avoga pola agrupación de propietarios forestais para favorecer a mobilización sustentable da madeira
Así o destacou o director xeral de Montes na xornada de presentación da “Guía de prácticas adecuadas para la movilización sostenible de la madera en Europa”, desenvolvida o 24 de Novembro en Madrid O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, participou hoxe na xornada de presentación da “Guía de prácticas adecuadas para la movilización sostenible de la madera en Europa”, desenvolvida en Madrid pola Plataforma Tecnológica Forestal Española e Industrias Derivadas. Na súa intervención, o responsable da política forestal da Xunta avogou pola agrupación dos propietarios como vía para potenciar a sustentabilidade na xestión do monte e garantir a rendibilidade dos seus recursos, en especial da madeira. Fernández-Couto referiuse á aposta que está a facer o Goberno de Galicia para facilitar a agrupación de propietarios forestais con plenas garantías xurídicas a través da creación das Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR). A Consellería do Medio R