Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

COMUNICADO DO SECTOR FORESTAL SOBRE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS.

Ante a proliferación de ordenanzas municipais que gravan a actividade forestal, lastran a rendibilidade dos propietarios e a competitividade das empresas, o sector quere denunciar que discriminación, provocan inseguridade xurídica e poñen en risco a xeración de riqueza nas comarcas rurais.  Estas ordenanzas impoñen limitacións e prohibicións, licenzas ou autorizacións co abono das correspondentes taxas, novos rexistros empresariais, fianzas ou avais que superan en moitos casos o valor da madeira obxecto da corta e, finalmente, deseñan un réxime sancionador.  A lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia derroga estas ordenanzas municipais para os aproveitamentos forestais. Sen embargo, 80 concellos teñen en vigor esta lexislación e outros 20 queren aprobar novas medidas.  Confemadera Hábitat Galicia quere subliñar que estas ordenanzas:  — Discriminan a actividade forestal, porque non se aplican a outros sectores primarios, nin industriais  — Reducen a compe

Subvencións para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (SOFOR).

Imagen
Datos solicitude Prazo de presentación :  16/07/2013 - 30/09/2013. Comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2013. Prazo de resolución :  Cinco meses Sentido do silencio administrativo :  Negativo Establecer as bases reguladoras das axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. Establécense dúas liñas de axuda: a. Para constituír as sociedades de fomento forestal (Sofor). b. Para iniciar actividade das sociedades de fomento forestal con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor). Este rexistro está xestionado pola Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes. Os conceptos subvencionables para constituír unha Sofor e inscribila no RSofor son os seguintes: a) O custo de investigación da propiedade e clasificación dos terreos en que se aplique un sistema acreditado

ORDE do 14 de xuño de 2013 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

ORDE do 14 de xuño de 2013 pola que se determina a época de perigo alto de incendios. O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia. As análises espazo-temporais dos incendios forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria que, polo tanto, se deben considerar como épocas de perigo alto de incendios: Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante