Ence investiu preto de 9 millóns de euros en melloras de carácter ambiental en Pontevedra nos últimos 3 anos
Entre 2011 e 2013, o impacto oloroso do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra reduciuse nun 96%. Ademais, tamén melloraron sensiblemente indicadores claves como os relacionados coa calidade do efluente de Ence á Ría, o consumo de materias primas ou a emisión de partículas en suspensión. A empresa mellora de forma moi notable os principais indicadores de xestión ambiental determinados pola normativa da UE. O traballo das preto de 800 persoas da bisbarra cuxa actividade profesional está relacionada coa de Ence, investimentos por valor de 8.8 millóns de euros, e o obxectivo que se marcou a empresa de consolidar as súas fábricas como exemplos de xestión ambiental a nivel mundial están detrás destas melloras. O avance en materia de redución de olores é o máis perceptible. Para alcanzar este punto efectuáronse importantes investimentos en tecnoloxía e revísanse de forma continua os procedementos de traballo nas fases do proceso de produción de Ence susceptib