Ence investiu preto de 9 millóns de euros en melloras de carácter ambiental en Pontevedra nos últimos 3 anos
Entre 2011 e 2013, o impacto oloroso do Centro de Operacións
de Ence en Pontevedra reduciuse nun 96%. Ademais, tamén melloraron
sensiblemente indicadores claves como os relacionados coa calidade do efluente
de Ence á Ría, o consumo de materias primas ou a emisión de partículas en
suspensión. A empresa mellora de forma moi notable os principais indicadores de
xestión ambiental determinados pola normativa da UE.
O traballo das preto de 800 persoas da bisbarra cuxa
actividade profesional está relacionada coa de Ence, investimentos por valor de
8.8 millóns de euros, e o obxectivo que se marcou a empresa de consolidar as
súas fábricas como exemplos de xestión ambiental a nivel mundial están detrás
destas melloras.
O avance en materia de redución de olores é o máis
perceptible. Para alcanzar este punto efectuáronse importantes investimentos en
tecnoloxía e revísanse de forma continua os procedementos de traballo nas fases
do proceso de produción de Ence susceptibles de xerar olores. A empresa ten o
ambicioso obxectivo de eliminar por completo os olores no que resta de 2014.
Tamén se efectuaron, nos últimos anos, importantes
investimentos destinados a reducir as emisións de vapor da factoría. O
resultado é visible para toda a cidadanía. O impacto visual desas emisións
afectaba ao ámbito da Ría e xeraba un efecto alarma na cidadanía. En materia de
emisións aéreas, a empresa rexistrou importantes melloras en materias como a
emisión de partículas. A Declaración Ambiental de Ence correspondente a 2013
será feita pública no mes de xullo.
Ademais, a fábrica de Ence en Lourizán consolida a súa
posición de liderado en materia de Demanda Química de Osíxeno (DQO) entre todas
as fábricas do seu sector en Europa. A DQO é o principal indicador da calidade
dun efluente líquido.
A empresa tamén quere avanzar na integración paisaxística da
fábrica. Para iso convocou en 2012 un Concurso Arquitectónico no que resultou
vencedor o proxecto 'Materia Propia', do estudo valenciano Orts&Trullenque.
No Concurso participaron 102 proxectos de diferentes países. Tal e como se
estableceu nas bases do certame, o proxecto arquitectónico será desenvolvido
sempre que as condicións administrativas o permitan.
Comentarios
Publicar un comentario