Ábrese o prazo para solicitar axudas para a plantación de coníferas e frondosas caducifolias
Medio Rural destina á iniciativa sete millóns de euros, cos que espera que se planten unhas 4.000 hectáras. A Xunta resolveu tamén a convocatoria do 2018, con 133 beneficiarios e máis de 2.600 hectáreas a plantar A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para a forestación de terras non agrarias con piñeiros ou frondosas caducifolias. Un dos requisitos para acceder ás subvencións é que as superficies a plantar non estivesen arboradas os últimos dez anos e que teñan unha fracción arborada non superior ó 20% do terreo. As parcelas deben estar catalogadas no Sixpac como Forestais, Pasto con arboredo (Pa) ou Pasto arbustivo (Pr), debendo ser tamén posible a súa plantación de acordo co Plan Xeral Municipal. Outro dos condicionantes das axudas é que se precisa unha superficie mínima en couto redondo de 3 hectáreas, salvo no caso de propietarios particulares, ós que se lles esixe unha hectárea en couto redondo, e das Sociedad