Ábrese o prazo para solicitar axudas para a plantación de coníferas e frondosas caducifolias
Medio Rural destina á iniciativa sete millóns de euros, cos que espera que se planten unhas 4.000 hectáras. A Xunta resolveu tamén a convocatoria do 2018, con 133 beneficiarios e máis de 2.600 hectáreas a plantar
A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para a forestación de terras non agrarias con piñeiros ou frondosas caducifolias. Un dos requisitos para acceder ás subvencións é que as superficies a plantar non estivesen arboradas os últimos dez anos e que teñan unha fracción arborada non superior ó 20% do terreo. As parcelas deben estar catalogadas no Sixpac como Forestais, Pasto con arboredo (Pa) ou Pasto arbustivo (Pr), debendo ser tamén posible a súa plantación de acordo co Plan Xeral Municipal.
Outro dos condicionantes das axudas é que se precisa unha superficie mínima en couto redondo de 3 hectáreas, salvo no caso de propietarios particulares, ós que se lles esixe unha hectárea en couto redondo, e das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), que poderán sumar as 3 hectáreas en varios coutos redondos, cada un deles dun mínimo dunha hectárea.
A Administración destina ás axudas un total de 7 millóns de euros, cos que espera que se foresten arredor de 4.000 hectáreas a través duns 200 beneficiarios.
Os solicitantes das axudas poden ser, entre outras entidades, comunidades de montes veciñais, cooperativas agrarias, montes de varas, Sofor, propietarios particulares e agrupacións de propietarios particulares constituídas formalmente como asociación.
As actuacións subvencionables inclúen o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, así como os gastos da plantación propiamente dita. Así mesmo, tamén son susceptibles de subvención as infraestruturas de acompañamento e as obras complementarias.
Poderán plantarse as seguintes especies. En coníferas, piñeiro do país, piñeiro insigne, piñeiro silvestre, piñeiro de Oregón e piñeiro laricio. En frondosas, ameneiro, bidueiro, freixo, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira, carballo, nogueira americana e híbridos de produción madeireira, e pradairo.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva.
Liñas de axudas.
1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde (coníferas).
b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo II desta orde (frondosas).
Artigo 4. Tipos de superficies obxecto de axuda
1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como forestal (FO), pasto con arboredo (PA), ou pasto arbustivo (PR).
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, en todo caso, e no establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento.
3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.
5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.
Tipos de superficies obxecto de axuda
1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como forestal (FO), pasto con arboredo (PA), ou pasto arbustivo (PR).
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, en todo caso, e no establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento.
3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.
5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.
A quen vai dirixido?
Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
Obrigas.
1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ou un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.
4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do Programa de desenvolvementor rural para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.
6. Durante cinco anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras e no caso de que o estado da forestación o requira:
a) Podas de formación e de calidade.
b) Fertilización cando o estado da planta o demande.
c) Mantemento das infraestruturas da forestación.
Requisitos
- Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de presentación da solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos no prazo establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.
- As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.
Prazo
Prazo de presentación: 19/01/2019 - 18/02/2019
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. / 2. Os traballos solicitados non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 19 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.
Comentarios
Publicar un comentario