Entradas

Mostrando entradas de julio, 2019

Prezos da terra rústica en Galicia por comarca

Imagen
O valor medio por metro cadrado remontou no último ano ata niveis similares ós do 2008. A superficie agraria cotizou a 1,79 euros / metro de promedio e o monte a 0,64 euros, con importantes diferencias entre comarcas O prezo medio da terra rústica en Galicia repuntou ata niveis similares ós do 2008, tanto no referente a superficie agrícola coma ó monte. Logo de anos de que os prezos seguisen unha tendencia á baixa, máis marcada na terra agraria que na forestal, os valores medios semellan ter repuntado, segundo se desprende do informe anual 2019 do Observatorio Galego de Mobilidade Terras, que incorpora datos do 2017 e analiza o periodo 2008 – 2017. A cotización media da superficie agraria situouse no 2017 en 1,79 euros / metro cadrado (+ 0,40 euros en relación ó 2016), en tanto o monte valorouse a 0,64 euros (+ 0,05). A revalorización experimentada nos últimos anos foi desigual nas distintas comarcas de Galicia, con subida nas provincias de Ourense e Pontevedra, en tanto n

Chequeo ás Sofor, solución para a xestión do minifundio forestal?

Imagen
Galicia conta con 10 Sociedades de Fomento Forestal que agrupan 447 socios e 1.389 hectáreas de xestión. Outras 12 sociedades, cun total de 2.915 hectáreas, están en proceso de inscripción O minifundio forestal en Galicia xera dificultades de xestión para os propietarios, que en ocasións mesmo descoñecen ou perden a ubicación de parte das súas parcelas. Afrontar ese escenario, que remata por deixar parte do monte no abandono, é un dos grandes retos do monte galego. Para encaralo, a Xunta buscou impulsar agrupacións de propietarios forestais a nivel de parroquia ou aldea. Primeiro foron as Uxfor (Unidades de Xestión Forestal), no Goberno bipartito, unha figura que derogou a actual Xunta para crear no 2011 as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). Están sendo as Sofor unha solución? Galicia conta na actualidade con 10 Sofor creadas e con outras 12 en proceso de inscripción. As 10 sociedades xa en funcionamento agrupan 1.386 hectáreas de 447 socios, en tanto as 12 en creación suma