Prezos da terra rústica en Galicia por comarca
O valor medio por metro cadrado remontou no último ano ata niveis similares ós do 2008. A superficie agraria cotizou a 1,79 euros / metro de promedio e o monte a 0,64 euros, con importantes diferencias entre comarcas
O prezo medio da terra rústica en Galicia repuntou ata niveis similares ós do 2008, tanto no referente a superficie agrícola coma ó monte. Logo de anos de que os prezos seguisen unha tendencia á baixa, máis marcada na terra agraria que na forestal, os valores medios semellan ter repuntado, segundo se desprende do informe anual 2019 do Observatorio Galego de Mobilidade Terras, que incorpora datos do 2017 e analiza o periodo 2008 – 2017.
A cotización media da superficie agraria situouse no 2017 en 1,79 euros / metro cadrado (+ 0,40 euros en relación ó 2016), en tanto o monte valorouse a 0,64 euros (+ 0,05). A revalorización experimentada nos últimos anos foi desigual nas distintas comarcas de Galicia, con subida nas provincias de Ourense e Pontevedra, en tanto na provincia da Coruña mesmo baixaron os prezos medios e en Lugo mantéñense estables.
Os datos do último informe do Observatorio presentáronse hoxe en Santiago, nun acto no que un dos autores do traballo, Eduardo Corbelle (Universidade de Santiago), precisou que a suba de prezos da terra rústica destaca en zonas vitícolas como Valdeorras, O Ribeiro ou Rías Baixas, así coma no entorno de grandes cidades (Ourense, A Coruña, Vigo) e en áreas costeiras.
En Vigo e no Morrazo, por exemplo, o prezo dispárase a 11 euros por metro cadrado. “Esta revalorización no entorno de cidades semella estar relacionada cunha expectativa de urbanización, con independencia de que esa expectativa sexa real ou legal”, especula Eduardo Corbelle.
As variacións entre comarcas agrarias son tamén importantes. Así, mentres en zonas lácteas como o Deza (Pontevedra), Ordes ou Barcala (A Coruña), a terra rústica agraria móvese no entorno de 1,50 euros / metro cadrado, en comarcas coma a Ulloa ou Terra Cha quédase en 0,80 euros, con casos na provincia de Ourense por baixo de 0,50 euros (Viana, Terra de Caldelas). Pecha a clasificación A Fonsagrada, con 0,20, segundo os datos do último informe do Observatorio de Mobilidade de Terras.
Os valores do monte amosan igualmente un gran arco. Desde os 0,40 euros por metro que custa na Mariña ou no Eume ós máis de 3 euros a que cotiza o metro no Ribeiro ou no Morrazo.
Concellos con maior mobilidade de terras sobre a superficie rústica total susceptible de venda.
A menor mobilidade dáse principalmente na provincia de Ourense, tanto na zona oriental como na Baixa Limia e noutros concellos do interior. Tamén a montaña oriental lucense rexistra unha baixa taxa de transaccións.
A presentación do informe anual do Observatorio de Mobilidade de Terras, desenvolta hoxe en Sergude (Boqueixón), contou coa intervención da Fundación Juana de Vega, da Universidade de Santiago e da Xunta de Galicia, todas elas entidades participantes no Observatorio.
Valoracións de Medio Rural
O conselleiro do Medio Rural, José González, que clausurou o acto, destacou na súa intervención que Galicia conta con suficiente terra rústica para usos agrícolas, gandeiros e forestais, “sen que haxa ningún conflicto entre eles”, valorou.
Sobre a perda de superficie agraria na comunidade, que supera as 100.000 hectáreas no periodo 2007-2016, González culpou ó minifundio e quixo poñer en valor o proxecto de lei para a recuperación de terras abandonadas, que espera que vexa a luz a fin de ano ou comezos do 2020. “Conformaremos polígonos agroforestais con centos de hectáreas infrautilizadas que serán empregadas para a gandería, para o ámbito forestal e para a produción agrícola en sectores coma a horta, o cereal ou a viña”, pronosticou.
Perdona por la molestia, ¿la zona de Boente, en concreto la aldea de San Román, donde vivían mis abuelos, a cuál pertenecería?
ResponderEliminarUn saludo y Gracias
JM Quiñoy Rúa
Por los datos que me facilitas, entiendo que Arzúa provincia de A Coruña
EliminarGracias Manuel por tu rápida respuesta.
EliminarSupongo que este momento no es el mejor para vender?
un saludo
Pues como todo depende de la oferta y demanda de la zona así como la premura o no que necesites para acometer la venta. Los precios como dice el informe tienen tendencia a repuntar a pesar que la zona de Coruña sufrió una ligera bajada, por lo que si, lo mejor sería esperar a ver como evoluciona el mercado. Un saludo
Eliminar