Xesbío, unha aplicación para facilitar aos concellos a limpeza das fincas arredor das casas
O conselleiro durante a xornada informativa sobre a aplicación informática “Xesbío”, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais O conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou hoxe a súa aposta pola ordenación forestal como a mellor arma para loitar contra o problema dos incendios nos montes. Advertiu ademais que “esta é unha tarefa de todos, independentemente de cores políticas”, e agradeceu, nese sentido, a implicación dos concellos galegos nesta materia. Fixo estas declaracións en San Caetano durante a apertura da xornada informativa sobre a aplicación informática “Xesbío”, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos 97 concellos que xa contan co plan municipal de prevención e extinción de incendios, para xestionar os incumprimentos e notificacións vinculados á xestión de biomasa forestal na contorna das vivendas. Ao tempo, o titular de Medio Rural sinalou que grazas a este compromiso todas as administracións e os part