Xesbío, unha aplicación para facilitar aos concellos a limpeza das fincas arredor das casas


O conselleiro durante a xornada informativa sobre a aplicación informática “Xesbío”,
 dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais









O conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou hoxe a súa aposta pola ordenación forestal como a mellor arma para loitar contra o problema dos incendios nos montes. Advertiu ademais que “esta é unha tarefa de todos, independentemente de cores políticas”, e agradeceu, nese sentido, a implicación dos concellos galegos nesta materia.
Fixo estas declaracións en San Caetano durante a apertura da xornada informativa sobre a aplicación informática “Xesbío”, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos 97 concellos que xa contan co plan municipal de prevención e extinción de incendios, para xestionar os incumprimentos e notificacións vinculados á xestión de biomasa forestal na contorna das vivendas.
Ao tempo, o titular de Medio Rural sinalou que grazas a este compromiso todas as administracións e os particulares traballan de xeito coordinado e conxunto a prol da ordenación e da limpeza de predios de cara a anticiparse ao problema dos lumes.

Xesbío axudará nas tarefas administrativas

Así, o conselleiro explicou que a finalidade da ferramenta informática Xesbío é dar soporte á Administración local na xestión da biomasa nas rede de faixas secundarias, situadas preto das vivendas. Esta aplicación permitirá xestionar e elaborar diferentes tipos de notificacións que os concellos lle enviarán aos titulares de parcelas nestas franxas e ofrecerá tamén a posibilidade de xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión da biomasa.
Neste aspecto, José González explicou que “un dos maiores problemas cos que se atopaban os gobernos locais era o de identificar estes terreos e, a continuación, ao seu propietario”. Grazas a esta ferramenta, creada ex profeso para este fin pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilitaráselles moito aos gobernos locais a execución das súas competencias neste ámbito, algo co que se comprometera a Xunta ao abeiro do acordo.
Desta forma, e segundo sinalou o titular de Medio Rural, “todo o relacionado coa tramitación administrativa queda solucionado con esta aplicación, pois permitirá xerar un modelo de dilixencia de comunicación previa, outro de dilixencia de notificación e un terceiro de anuncio de comunicación a responsables descoñecidos”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera