Axudas para o control selectivo de combustible en montes veciñais en man común e Sofor
Fuente: LaVozDeGalicia Obxecto 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común (en diante, MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva. Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia. a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código