TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS
TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS Para atender a demanda actual e futura da madeira é necesario producir madeira de calidade. Conseguir troncos rectos, sen defectos, cun bo diámetro e libres de nós, que lle aseguren á industria a mellor materia prima e aos silvicultores e silvicultoras bos prezos que compensen o seu esforzo. Acadar este obxectivo depende dunha silvicultura activa que planifique as plantacións e que despois faga os traballos necesarios para mantelas nas mellores condicións produtivas. E dentro destes labores, un dos máis importantes é a poda. Neste vídeo, elaborado pola Asociación Forestal de Galicia co patrocinio de Xera, Axencia Galega da Industria Forestal (Xunta de Galicia) , resúmense as técnicas de poda das coníferas. Fonte: Facebook da Asociación Forestal de Galicia Asociación Forestal de Galicia