TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS
TÉCNICAS DE PODA FORESTAL EN CONÍFERAS
Para atender a demanda actual e futura da madeira é necesario producir madeira de calidade. Conseguir troncos rectos, sen defectos, cun bo diámetro e libres de nós, que lle aseguren á industria a mellor materia prima e aos silvicultores e silvicultoras bos prezos que compensen o seu esforzo.
Acadar este obxectivo depende dunha silvicultura activa que planifique as plantacións e que despois faga os traballos necesarios para mantelas nas mellores condicións produtivas. E dentro destes labores, un dos máis importantes é a poda.
Neste vídeo, elaborado pola Asociación Forestal de Galicia co patrocinio de Xera, Axencia Galega da Industria Forestal (Xunta de Galicia), resúmense as técnicas de poda das coníferas.
Comentarios
Publicar un comentario