Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

A Fundación Arume e a cooperativa Clun asinan un convenio para proxectos de restauración forestal

Imagen
  O acordo permitirá que a cooperativa compense emisións de CO2 mediante a recuperación de montes afectados por incendios. Pechouse un primeiro proxecto que inclúe a rexeneración de máis de 60 hectáreas. A Fundación Arume e a cooperativa Clun veñen de asinar un convenio de colaboración polo que se comprometen a impulsar de xeito conxunto proxectos forestais. A alianza entre o sector forestal e o lácteo abre ademais o camiño para que as empresas da comunidade compensen as súas emisións de CO2 con investimentos no monte galego. O convenio de colaboración foi asinado polo presidente da Fundación Arume, José Carballo, e polo presidente de Clun, José Ángel Blanco. Trala sinatura, abordaranse uns primeiros proxectos de restauración, nos que a Fundación Arume colabora coa propiedade, en máis de 60 hectáreas de monte queimado. Son proxectos que ademais contribuirán a que a marca Únicla de Clun teña no 2021 tódalas súas emisións de carbono compensadas. Trala sinatura do convenio, o presidente d