Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

O prezo do piñeiro continúa á alza, mentres o eucalipto mantense alto

Imagen
Operacións de carga de madeira de piñeiro. / Arquivo. A subida de prezos da madeira de coníferas iniciada a mediados deste ano prevese que continúe, polo menos, entre 3 e 6 meses máis. O aumento crecente da demanda, xunto ao aumento das limitacións loxísticas e de produción en determinados países, fan que o mercado continúe nuns prezos históricos A burbulla que se comezou a xestar a mediados deste ano no mercado da madeira de piñeiro continuou crecendo. A época COVID alterou todos os mercados, aumentando a demanda, e outras causas estruturais, como a limitación loxística e de transporte actual, favoreceron un incremento dos prezos da madeira, principalmente de piñeiro. En menor medida, os prezos do eucalipto experimentaron pequenas melloras polo aumento do prezo internacional da pasta de papel. Este outono arrancou coa pasta de papel por riba dos 900 euros / tonelada, o que representa unha suba de preto de 400 euros nun ano. Esa situación propiciou unha mellora progresiva dos prezos pa

PRIMEIRAS PLANTACIÓNS EN CAMPO CON PIÑEIRO DO PAIS RESISTENTE AO NEMATODO

Imagen
O departamento de Mellora xenética e silvicultura estableceu os dous primeiros ensaios de investigación en campo con planta procedente dos proxenitores de familia resistentes ao nematodo do piñeiro   Bursaphelenchus xylophilus . Dentro do marco da Acción de Cooperación AC2020-10 cofinanciada polo Feader nun 75% e a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria ( AGACAL), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIFL) realizou dúas plantacións, unha en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia (AFG) e a Comunidade de Montes de Soutelo (Salceda de Caselas) e situada nos terreos desta comunidade, e outra, situada en Padrón, en colaboración con Finsa. O obxectivo destes ensaios é estudar o comportamento deste material mellorado xeneticamente e que mostrou ter unha supervivencia ao nematodo superior ao 78% en ensaios de invernadoiro. Para iso, plantouse xunto con outros materiais mellorados, tanto españois como estranxeiros, así como con outros non mellorados, pero plantados