Como funciona o mercado de carbono no monte galego: luces e sombras
Monte restaurado e inscrito no Rexistro de Absorcións de CO2. Comunidades de montes e propietarios están a captar fondos para a xestión forestal a partir dos servizos ambientais que prestan as súas masas, pero o sector advirte da detección de malas prácticas, con “contratos abusivos” de determinadas empresas, como Foresga A loita contra o cambio climático deparou nos últimos anos unha oportunidade para o monte, coa creación dun mercado para o carbono atmosférico que absorben determinados proxectos forestais. Para comunidades de montes e propietarios particulares, a aparición de empresas interesadas na compra do carbono almacenado nas masas forestais constitúe unha nova vía de ingresos. O problema é que con ese mercado de carbono, chegaron tamén empresas intermediarias que, nalgúns casos, están a ofrecerlle “contratos abusivos e de especulación” ós propietarios forestais, segundo se apunta desde o sector. A posta en marcha do mercado de carbono remóntase ó 2014, cando o Goberno impu