A Asociación Forestal de Galicia propón que a reforma da Lei de montes veciñais en man común reforce a imprescriptibilidade dos terreos veciñais
A Asociación Forestal de Galicia presentou este mes ante o Consello Forestal as súas achegas ao Borrador do Libro Branco sobre a reforma da regulación dos montes veciñais en man común (MVMC) de Galicia, que pretende servir de guía para enmarcar a realidade dos montes veciñais antes de lexislar sobre el. No documento entregado, recóllense as inquedanzas transmitidas polas comunidades de montes veciñais en man común asociadas á Asociación Forestal de Galicia ao longo do xa longo percorrido de traballo con elas e, concretamente, as recollidas logo das reunións celebradas no Valadouro (Lugo), Dodro (A Coruña) e Ponteareas (Pontevedra), con motivo do inicio dos traballos para a modificación da Lei 13/1989 de montes veciñais en man común. Imprescritibilidade dos montes veciñais en man común Considérase necesario reforzar a imprescritibilidade dos montes veciñais en man común, logo dos posicionamentos públicos a raíz dos litixios por ocupacións de terreos veciñais por casas, naves industria