INFORMACIÓN INTRUSISMO REDACCIÓN PLANS MUNICIPAIS CONTRA INCENDIOS FORESTAIS‏


 

Dende o COETFG informamos sobre o seguinte:

Dende que o Colexio tivo noticia de que nalgúns Concellos na nosa Comunidade se estaban a redactar os "Plans Municipais de Prevención e Defensa contra incendios forestais" por persoas que non son tituladas forestais competentes, púxose en marcha unha labor de recopilación de información a través das Administracións Autonómicas e Locais, prensa e achegas de colexiados.


En base ós datos obtidos atopámonos en posición de anunciar que:

Nos vindeiros meses o COETFG, procederá a tomar as medidas legais oportunas contra as persoas, entidades ou organismos que consten como redactores de ditos Plans e se atopen nalgún dos casos seguintes:

1º- Que non foran redactados por Enxeñeiro Técnico Forestal ou Enxeñeiro de Montes, legalmente habilitados para o exercicio da profesión (isto é: titulados e colexiados no Colexio Profesional correspondente).

2ª- Cando ditos documentos non estean visados polo Colexio Profesional competente (para o caso dos Enxeñeiros Técnicos Forestais será o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais).

Para elo pártese da base legal:

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a cal especifica no seu Capítulo II, Artigo 13, punto 6, que os devanditos plans deberán estar redactados por titulado forestal competente, implicando isto que, no caso de ser redactados por un Enxeñeiro Técnico Forestal, deberán ser visados no COETFG.

• Lei 11/2001 de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Lei 2/1974 de Colexios Profesionais.

• Constitución Española 1978.

• Lei 30/2007 de contratos do sector público.

• Lei 7/1997 de medidas liberalizadoras en materia de solo e Colexios Profesionais.

• Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

• Lei 6/1997 de 14 de abril de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado.


O fundamento da presente decisión é a defensa da profesión contra o evidente intrusismo profesional que se está a detectar.

Engadir que, na medida do posible, a colaboración de tódol@s colexiad@s será de grande axuda para levar adiante este traballo.

Sen outro particular, recibe un saúdo do COETFG.




 Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia
Rúa Sánchez Freire, 64 - Baixo Dereita
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
Telf.: 981 520 077 / 981 524 731 Fax: 981 520 077



Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera