Descuberta no Parque Nacional das Illas Atlánticas unha nova especie de fungo
No Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ven de ser descuberta unha nova especie de fungo, bautizado como Clitocybe auniosiana. O achado, realizado por Jaime Blanco Dios, da Asociación Micolóxica Brincabois, foi resultado dos estudos que se están levando a cabo na actualidade sobre a flora de fungos deste espazo protexido, promovidos pola Consellería do Medio Rural.
O novo fungo foi localizado na illa de Ons e o seu descubrimento será publicado en breve como nova especie para a Ciencia.
Outras especies reseñables deste Parque son a Marasmiellus vaillantii., a Hygrocybe spadicea ou o Boletus pulverulentus, tamén atopadas nesta illa, destacando o feito de que as dúas últimas están incluidas na Lista Vermella provisional de Hongos Ameazados da Península Ibérica.
Especies singulares
Nas outras illas do espazo natural cabe destacar, a modo de exemplo da importancia da flora micolóxica destas superficies protexidas, a presenza en Cortegada de Hypoxylon michelianum, singular especie asociada exclusivamente a Laurus nobilis, e da que só se coñecen, en todo o mundo, unhas poucas localizadas en España, Italia e Portugal.
Fuente: http://mediorural.xunta.es

Comentarios
Publicar un comentario