Comeza a tempada de alto risco de incendios e quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais

Incendio forestal en la parroquia de Puente Sampayo,
Pontevedra (Galicia, España), el 10 de agosto de 2016

A partir deste mércores 1 de xullo iníciase a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia. Permanecerá activa durante tres meses, ata o 30 de setembro, segundo apuntan desde a Consellería  do Medio Rural.
Por este motivo, quedan suspendidas as queimas. Interrompeuse a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, ademais dos permisos para as queimas forestais.
A Consellería lembra que calquera persoa pode utilizar o teléfono de chamada anónima e gratuíta para denunciar calquera actividade delituosa de tipo incendiario da que teña sospeita ou coñecemento. O número é o 900.815.085.
En leste mesmo sentido, desde a Xunta pídese a colaboración da cidadanía para que se denuncien estas accións a través deste teléfono ou poñéndose en contacto coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Tamén se atopa ao dispor da poboación o servizo gratuíto do 085, no caso de que se detecte un incendio forestal. 
En canto ás persoas que se acheguen aos montes durante este verán, a Xunta pide que se extremen as precaucións e eviten calquera práctica que supoña risco de incendio. Máis de 7.000 efectivos, entre persoal da Xunta, dos  Concellos, do Ministerio, do Exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, manteranse pendentes a partir deste 1 de xullo de vixiar os montes. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera