A Xunta aproba a inscrición de seis proxenitores de piñeiro resistentes ao nematodo no Rexistro galego de materiais de base


Ensayos en el Centro de Investigación Forestal de Lourizán para buscar pinos resistentes al nematodo. FONTE : CampoGalego




O obxectivo principal é poder ofrecer semente destas árbores ás persoas provedoras de material forestal de reprodución
Está previsto que este material de base tamén se inscriba no Catálogo Nacional de Materiais de Base, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca y alimentación
A resolución da Consellería do Medio Rural sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se aproba a inscrición no Rexistro galego de materiais de base de seis proxenitores de familia de piñeiro (Pinus pinaster) na categoría de material cualificado, debido á súa resistencia ao organismo de corentena nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), así como pola súa aptitude para a produción en volume de madeira. Ademais, está previsto que este material de base tamén se inscriba no Catálogo Nacional de Materiais de Base, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
O obxectivo principal que se pretende coa declaración deste material de base é o de poder ofrecer a semente destas árbores ás persoas provedoras de material forestal de reprodución, posto que foron seleccionadas tanto pola súa resistencia e tolerancia ao nematodo como pola súa forma, rectitude, crecemento e produción en volume de madeira.
Neste senso, cabe destacar que a tolerancia ao nematodo, demostrada nas investigacións do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, é unha liña de defensa de gran interese contra a expansión desta enfermidade posta en marcha pola Consellería do Medio Rural. Así, cabe lembrar que o nematodo do piñeiro é unha enfermidade de corentena orixinaria de EEUU, que provoca o decaemento súbito e a morte dos piñeiros, e que na actualidade se mantén nunha zona demarcada próxima a Portugal da provincia de Pontevedra.
Deste xeito, a semente que se agarda recoller destes proxenitores de familia seleccionados e incluídos nos hortos de semente garante a superioridade do material forestal de reprodución tanto pola súa resistencia probada e tolerancia ao nematodo do piñeiro como polo seu interese demostrado na catalogación do horto en canto a crecemento en volume, rectitude do fuste e menor cantidade de nós.

Sementes en dous hortos


Un total de tres dos seis proxenitores de familia de piñeiro catalogados atópanse na plantación do horto de semente clonal depurado da Braxe, no concello de Cedeira, e os outros tres proxenitores, na plantación do horto de semente Cordal da Loba, no concello de Monfero. Ambos os dous hortos, que son xestionados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, están inscritos no Catálogo Nacional de Materiais de Base, na categoría de material cualificado.


Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera