Axilízanse as autorizacións de corta de madeira a carón de ríos, estradas autonómicas e en Rede Natura
Photo by Oliver Paaske on Unsplash |
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicau o passado mércores a orde do 25 de marzo de 2020, conxunta entre as consellerías do Medio Rural, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se aproban os novos pregos de condicións aos que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros dunha serie de especies madeirables (piñeiros, eucaliptos e acacias) en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por lexislación de protección do dominio público (zonas de protección de estradas autonómicas, policía de leitos de ríos e regatos de competencia galega e de conservación do patrimonio natural).
Así, a aprobación dos citados
pregos permitirá substituír a esixencia de autorización administrativa por unha
declaración responsable da persoa interesada na corta, comprometéndose ao
cumprimento dos requisitos específicos contemplados para as cortas en cada un
destes espazos, eliminando así a necesidade de obter informe previo do órgano
sectorial competente.
15.000
solicitudes
Deste xeito, amplíanse os
supostos de declaración responsable, polo que a Xunta estima que permitirá a
presentación de 15.000 declaracións responsables que antes debían tramitarse
como autorización. O obxectivo desta medida é minimizar as xestións
administrativas e que o declarante quede facultado para realizar o
aproveitamento desde o momento da presentación desta declaración responsable,
sen máis trámites.
Ata o de agora, a Lei de montes
de Galicia, trala modificación operada a través da Lei de fomento da
implantación de iniciativas empresariais en Galicia, regulaba a autorización
única para a realización de aproveitamentos madeireiros en terreos con algún
réxime de protección ou afectados por lexislación de protección do dominio
público. Así, a Consellería do Medio Rural tiña que conceder esta autorización
logo do informe preceptivo dos órganos ou organismos sectoriais, o que dilataba
o proceso no tempo. “A través da publicación desta orde axilizarase de forma
substancial o proceso de aproveitamentos madeireiros nestas zonas”, asegura a
Xunta.
Un
ano de prazo para facer as cortas
As especies afectadas por esta
previsión son: o eucalipto (Eucalyptus spp), o piñeiro galego
ou do país (Pinus
pinaster), o piñeiro de Monterrei (Pinus radiata), o piñeiro de
Oregón (Pseudotsuga
menziesii) e a acacia negra (Acacia melanoxylon), respectando
as peculiaridades establecidas en cada prego. Cómpre sinalar que o piñeiro do
país e o eucalipto son as especies máis cortadas en Galicia. Ademais, esta orde
contempla tamén os condicionantes -no tocante ás distancias de plantación
recollidas na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de
Galicia- que han de cumprir as cortas das especies sinaladas en zonas de
protección de estradas (autonómicas), policía de leitos (Augas de Galicia) e de
conservación do patrimonio natural.
Os aproveitamentos previstos na
orde publicada hoxe no DOG están supeditados á presentación da
correspondente declaración responsable na sede electrónica da Xunta de Galicia
segundo o modelo MR604H, e o aproveitamento realizarase no prazo
máximo dun ano desde a presentación desta declaración. A corta da madeira
levarase a cabo sen abandonar ningún tipo de material que poida resultar
tóxico para as augas, a flora ou a fauna acuática e terrestre, como por exemplo
plásticos, aceites, recambios usados, etc.
Exclúense
montes de máis de 15 hectáreas sen plan de ordenación
No caso de superficies de
aproveitamento superiores a 15 hectáreas, os propietarios terán que solicitar
autorización previa do plan de cortas mentres o monte non dispoña do
instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio. É o caso dos Montes
Veciñais en Man Común que carezan de plan de ordenación. Unha vez obtida a
autorización deste plan xa poderá presentarse a oportuna declaración responsable.
Tampouco poderán, en ningún caso,
ser obxecto dunha declaración responsable aqueles usos que requiran a
realización dunha avaliación ambiental.
A orde afecta unicamente a montes
a carón de estradas ou regatos de competencia autonómica. No caso de dominio
público competencia do Estado (estradas nacionais, bacías hidrográficas que
afectan máis dunha comunidade autónoma -en Galicia os ríos que están dentro da
Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou o río Eo-, montes afectados pola Lei de
Costas, ou espazos afectados pola rede ferroviaria), en cuxo caso segue a rexer
a normativa básica de aplicación e os trámites en vigor até o de agora para a
totalidade das cortas de madeira.
Condicións
específicas a cumprir
|
A orde publicada no DOG detalla
mediante tres anexos os requisitos concretos que haberá que seguir á hora de
realizar os traballos de corta e extracción de madeira en cada un dos espazos
autorizados mediante declaración responsable:
|
Estradas
titularidade da Xunta:
|
– Non se autoriza a corta de árbores
na zona de dominio público da estrada.
|
– Os traballos non porán en risco a
seguridade viaria e o solicitante deberá cumprir coas condicións especiais
que se poidan impor por parte da Axencia Galega de Infraestruturas para
garantir a seguridade da estrada e do tráfico. O aproveitamento madeireiro
realizarase só no caso en que non resulten diminuídas as condicións de
visibilidade ou de seguridade na estrada.
|
– O aproveitamento efectuarase sen
interromper nin dificultar o tránsito polas estradas, tanto de vehículos como
de peóns, e sen ocupar ningún dos seus elementos (calzada, beiravías,
gabias…) con materiais, medios auxiliares, maquinaria ou vehículos.
|
– As árbores e as canas deberán
cortarse de xeito que caian fóra da plataforma da estrada. As pólas e demais
produtos da corta ou poda depositaranse fóra da calzada, das beiravías, dos
foxos e do resto da zona de dominio público da estrada.
|
– Se para a execución do
aproveitamento madeireiro fose necesario construír un acceso á estrada
autonómica, o propietario do monte ou a empresa madeireira, deberá solicitar
previamente a preceptiva autorización para a realización do acceso ao Servizo
Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade, empregando o procedemento IF205D.
|
– Non se autoriza a ocupación do
dominio público para o almacenamento de materiais, salvo coa autorización
previa do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tramitada segundo o establece a
Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
|
– Adoptaranse as precaucións oportunas
para que en ningún caso se produza arrastre de terra ou de calquera outro
material á plataforma ou ás gabias da estrada, ben adheridos ás rodas dos
vehículos ou maquinaria que participe no aproveitamento ou ben por calquera
outra causa.
|
– Durante os traballos, establecerase
a sinalización adecuada ás actividades que se van realizar, de acordo coas
disposicións vixentes sobre a materia. Para o cumprimento desta condición
pódese consultar a Norma 8.3-IC de sinalización de obras, aprobada pola Orde
ministerial do 31 de agosto de 1987.
|
– Os danos e prexuízos ocasionados á
estrada e á súa zona de influencia con motivo da realización dos traballos
son responsabilidade das persoas que realizan o aproveitamento, estas quedan
obrigadas a repor, pola súa conta, os elementos da estrada que resulten
afectados pola execución dos traballos, restituíndoos ás súas anteriores
condicións de seguridade, funcionalidade e aspecto.
|
Espazos naturais
protexidos:
|
– Exclúense do procedemento de
declaración responsable as ZEPAs (Zonas de Especial Protección de Aves)
declaradas en parques naturais, reservas naturais ou monumentos naturais,
hábitats sensibles como complexos dunares litorais ou hábitats turbeiros e
áreas críticas de especies incluídas no Catálogo Galego de Especies
Ameazadas. Estas zonas excluídas poden consultarse no visor da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda.
|
– O aproveitamento realizarase sobre
masas puras de eucaliptos, piñeiros ou masas mixtas de piñeiros e eucaliptos,
podendo incluír ata un máximo do 10% de pés doutras especies mesturadas,
sempre que non formen parte dun bosquete, dunha sebe ou teñan un diámetro
superior aos 15 cm. No caso de que non se cumpran estas condicións, deberase
someter a solicitude de corta a autorización.
|
– Empregaranse exclusivamente os
camiños de servizo, rúas de desembosque ou vías de saca existentes na
parcela, sen realizar a apertura de novas vías de desembosque temporais ou
permanentes.
|
– A nova plantación requirirá
autorización preceptiva do Servizo de Conservación da Natureza da provincia
correspondente.
|
– Non se realizarán rozas ou segas da
vexetación herbácea ou das matogueiras salvo que sexa necesario para previr
os riscos laborais dos operarios que efectúen as cortas.
|
– Na zona de actuación non se
abandonará ningún tipo de material contaminante ou impropio do medio natural
(plásticos, aceites, recambios de aceites, etc.) e adoptaranse as precaucións
necesarias para que non se produzan verteduras de lubricantes, combustibles,
aceites ou graxas de maquinaria durante os labores forestais, especialmente,
nas zonas próximas a ríos e canles. A maquinaria manterase en perfecto estado
de funcionamento para evitar fugas de combustible e aceite e minimizar a
contaminación acústica e atmosférica, así como os medios adecuados que eviten
a produción de faíscas por fricción dos seus mecanismos. As operacións de
mantemento realizaranse en terreos chaos establecendo medidas fronte á
contaminación do solo e das augas subterráneas.
|
– Se a persoa solicitante detecta a
presenza na zona de actuación dalgunha especie incluída no Catálogo español
de especies exóticas invasoras (Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo
que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras), deberá
poñelo en coñecemento inmediato do Servizo de Conservación da Natureza da
provincia correspondente.
|
Leitos de ríos e
regatos:
|
– Abrangue a zona de policía (distancia
entre 5 e 100 metros ao cauce).
|
– Prohíbese o depósito de restos da
corta ou das podas nin no leito do curso nin nas súas zonas de servidume.
|
– Prohíbese utilizar as marxes ou
ribeiras dos leitos, así como a zona de servidume como depósito de materiais
e parques de maquinaria.
|
– Unicamente se poderá amorear
temporalmente a madeira en zona de policía, fóra da zona inundable, cando non
exista outro lugar para o seu amoreamento. En todo caso, non se poderá
amorear madeira dunha parcela distinta á solicitada.
|
– Prohíbese vadear os ríos ou regatos
coa maquinaria de corta e transporte, agás que se conte coa preceptiva
autorización de Augas de Galicia.
|
– Instalaranse sistemas de retención
de sedimentos como por exemplo balas de palla, barreiras de retención ou
calquera outro que garanta que non cheguen arrastres ao río ou regato.
Poderase empregar para este fin o amoreamento lineal de parte dos restos de
corta, unha vez triturados, en sentido contrario ao da pendente.
|
– No caso de que se precisen executar
vías de transporte, explanacións de vellos camiños ou calquera obra de
movemento de terras, deberá solicitarse a preceptiva autorización de Augas de
Galicia.
|
Comentarios
Publicar un comentario